Thursday 02 de May de 2024

O Concello de Cariño fai chegar ao alumnado de Infantil e do primeiro ciclo de primaria o seu material educativo


Desde o inicio do curso os libros estaban nas aulas e agora non podían facer uso deles.

Facilitar o acceso aos recursos educativos para que todos os estudantes de Cariño
poidan continuar cos seus respectivos programas lectivos é un dos principais
traballos que centran os esforzos do Concello durante esta crise sanitaria. Tras
habilitar un dispositivo de impresión e entrega a domicilio de deberes, fichas ou
documentos agora fixo chegar ás casas do alumnado de Educación Infantil e
1º,2º e 3º de primaria do CEIP de Cariño o seu propio material educativo.
Son preto de 100 os nenos e nenas que recibirán nas súas casas os libros que compraran
durante o verán e que, desde o inicio do curso, gardáronse nas
aulas. “Cando se decretou o Estado de Alarma, este material quedou alí e non podían
facer uso do para continuar avanzando cos temas e tarefas dos seus respectivos
programas lectivos”, explicou o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar.
Desde onte, luns 20 de abril, o Concello, en coordinación coa dirección do centro,
comezou a levar a cabo a repartición, que se prevé finalizar hoxe nas casas restantes.
“Detectamos esta necesidade e non queriamos que ningún neno quedase sen o
material necesario para acabar o curso da forma máis adecuada posible nas
condicións actuais. Ata o momento non tiñan esta posibilidade, e estaban
a facer uso do servizo de impresión e entrega a domicilio de deberes que puxemos
en marcha”, destacou Alonso Pumar.